Godescalco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gotescalco»)
Godescalco
Nacementovalor descoñecido
Falecementoséculo IX
Ocupaciónbispo católico romano e peregrino
editar datos en Wikidata ]

Godescalco[1] ou Gotescalco foi un eclesiástico franco do século X, bispo de Le Puy entre os anos 927 e 962. Coñecido por ser un dos primeiros peregrinos do Camiño de Santiago de nome coñecido, peregrinou a Santiago de Compostela a fins do ano 950 e comezos de 951. Tras a volta da peregrinación mandou edificar unha capela no alto do outeiro de Aguilhe dedicada a San Miguel e de inspiración mozárabe e que se consagrou no ano 962.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Quiroga Palacios, parroquiacarballo.com.