Godescalco
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 900 |
| Morte | década de 960 |
| Bispo | |
| 927 – 962 | |
| Bishop of Le Puy-en-Velay (en) | |
| Diocese: Roman Catholic Diocese of Le Puy-en-Velay (en) | |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico latino, peregrino |
| Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
| Participou en | |
| década de 950 | Camiño de Santiago |
Godescalco[1] ou Gotescalco foi un eclesiástico franco do século X, bispo de Le Puy entre os anos 927 e 962. Coñecido por ser un dos primeiros peregrinos do Camiño de Santiago de nome coñecido, peregrinou a Santiago de Compostela a fins do ano 950 e comezos de 951. Tras a volta da peregrinación mandou edificar unha capela no alto do outeiro de Aguilhe dedicada a San Miguel e de inspiración mozárabe e que se consagrou no ano 962.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Quiroga Palacios, parroquiacarballo.com.