Goodbye Mr Mackenzie
Goodbye Mr Mackenzie | |
---|---|
Orixe | Bathgate, Escocia |
Período | 1981 - 1996 2019 |
Xénero(s) | rock alternativo, indie rock |
Selo(s) discográfico(s) | Capitol, Parlophone, Radioactive, Blokshok |
Membros | Martin Metcalfe Big John Duncan Derek Kelly Shirley Manson Rona Scobie Fin Wilson |
Na rede | |
http://blokshok.co.uk/index.html | |
Goodbye Mr Mackenzie foi unha banda escocesa de rock alternativo formada en Bathgate, preto de Edimburgo, en 1981. No momento do seu pico comercial, o grupo estaba composto por Martin Metcalfe nas voces, John Duncan na guitarra, Fin Wilson no baixo, Shirley Manson e Rona Scobie nos teclados e coros, e Derek Kelly na batería.
A banda fíxose famosa a principios dos 80 tras editar dous sinxelos independentes, e posteriormente fichou por Capitol Records. O seu primeiro álbum, Good Deeds and Dirty Rags, entrou nas listas británicas,[1] ao igual que o sinxelo "The Rattler",[2] pero a banda viuse obstaculizada polos conflitos da compañía discográfica e non logrou abrirse camiño fóra do Reino Unido.[3] O grupo separouse en 1993, facendo que Manson, Metcalfe, Wilson e Kelly formasen Angelfish para continuar na industria musical. Manson marcharía a Garbage en 1994, e Goodbye Mr Mackenzie tocou o seu derrradeiro concerto a finais de 1995.[4]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Good Deeds and Dirty Rags | 1989 | Capitol Records |
Hammer and Tongs | 1991 | Radioactive Records/MCA Records |
Five | 1994 | Blokshok Records |
The Glory Hole | 1996 | Blokshok Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Good Deeds and Dirty Rags". www.officialcharts.com (en inglés). Consultado o 2022-12-26.
- ↑ "The Rattler". www.officialcharts.com (en inglés). Consultado o 2022-12-26.
- ↑ "Goodbye Mr. Mackenzie Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-12-26.
- ↑ "Goodbye Angelfish". Record Collector. 1 de febreiro de 1997