Shirley Manson
Shirley Manson | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Shirley Ann Manson |
Data nacemento | 26 de agosto de 1966 |
Nado en | Edimburgo |
Ocupación | actriz, cantante, guitarrista, música, modelo, compositora de cancións, actriz de cinema e activista polos dereitos das mulleres |
Instrumento(s) | voz, teclados |
Relacionado con | Garbage, Goodbye Mr. Mackenzie, Angelfish |
Na rede | |
http://www.garbage.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Shirley Ann Manson, nada o 26 de agosto de 1966, é unha cantante escocesa, vocalista da banda de rock alternativo Garbage.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Manson é a segunda de tres fillas; o seu pai é xenetista e a súa nai foi cantante. Empezou a estudar piano á idade de 7 anos, e máis tarde acudiu á Escola de Música da Cidade de Edimburgo onde tamén formou parte do grupo de teatro.
Na escola, os demais nenos metíanse frecuentemente con ela. Burlábanse do seu aspecto e da cor do seu pelo. Ás veces, regresaba a casa ensanguentada e magullada por culpa do acoso. Os interminables acosos e burlas conducírona a unha profunda depresión e empezou a autolesionarse, entre outras cousas.
Traballou brevemente como dependenta nunha tenda. A súa primeira experiencia musical foi coas bandas Autumn 1904 e Wild Indians. Cando tiña 16 anos uniuse ao grupo Goodbye Mr. Mackenzie onde tocaba os teclados e facía de segunda vocalista. Neste grupo estivo unha década ata a súa disolución en 1992. Despois desta, Shirley, xunto con dous membros do grupo, fundaron Angelfish, outra banda na que Shirley era a vocalista.
Angelfish editou un álbum autotitulado e dous sinxelos. A banda estivo de xira polos Estados Unidos, Canadá, Bélxica e Francia, chegando a ser abreconcertos de Live en Norteamérica. O seu videoclip para a canción "Suffocate Me" foi emitido no programa da MTV 120 Minutes, e o produtor e músco Steve Marker, que viu esa emisión, pensou que podería ser unha boa vocalista para o seu grupo, Garbage.