Gonzalo de Vivero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gonzalo de Vivero
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Gonzalo de Vivero, nado na provincia de Lugo en ano descoñecido e finado en Salamanca o 29 de xaneiro de 1480, foi un bispo galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi deán e posteriormente foi nomeado bispo da diocese de Salamanca.[1]

Foi á voda de Xoán II, e este encomendoulle custodiar a torre da catedral xa que era un lugar de grande importancia estratéxica.[1]

Gonzalo foi amigo de san Xoán de Sahagún, e os dous viviron as revoltas entre os Manzano e os Monroy. Naquela época Gonzalo era o presidente de Valladolid, durante o reinado de Henrique IV, e conseguiu que as revoltas apaciguasen, feito que foi cantado polo poeta Armendaiz.[1]

Gonzalo mantivo a cidade fiel ó rexente, e o rei mandouno ir á Coruña para recibir os embaixadores de Inglaterra.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Entrada “Vivero, Gonzalo” na GEG.