Gonzalo de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gonzalo de Vigo
2018. Escultura de Gonzalo de Vigo. Vigo. Galiza.jpg
Homenaxe no porto de Vigo
 Vigo
Falecementoséculo XVI
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónexplorador
editar datos en Wikidata ]

Gonzalo de Vigo (Gonçalo de Vigo), foi un mariño galego do século XVI.[1] Participou na expedición de Fernão de Magalhães da que desertou nas illas Marianas onde viviu cinco anos cos indíxenas.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Nao Victoria. Detalle nun mapa de Abraham Ortelius (1590).

Nado en Vigo, en data descoñecida, como Gonzalo Álvarez Martínez, fillo de Rodrigo Álvarez e de Isabel Martínez. Identificado por el mesmo como galego. Saíu de Sanlúcar de Barrameda o 10 de agosto de 1519 na expedición de Magalhães. Das cinco naves que saíron de España só dúas chegaron ás Molucas, a nao Victoria e a Trinidad na que ia Gonzalo. A Trinidad ao mando de Gonzalo Gómez de Espinosa sufriu unha grande avaría polo que tentaron regresar a América. As tempestades e a fame levaron a nave á illa dos Ladróns (Illas Marianas), en agosto de 1522 desertou na illa de Maug xunto con dous portugueses que serían asasinados polos indíxenas. Alí pasou cinco anos vivindo con indíxenas e aprendendo o seu idioma e costumes. O 5 de setembro de 1526 a Expedición de García Jofre de Loaísa recalou na illa de Guam.

... hallamos un gallego que se llama Gonzalo de Vigo, que quedó en estas islas con otros dos compañeros de la nao de Espinosa, e los otros dos muriendo, quedó él vivo, el cual vino luego a la nao e nos aprovechó mucho porque sabía la lengua de las islas...
Andrés de Urdaneta
... en una isla llamada Botahá les vino un cristiano en una canoa que, hablándoles en castellano, "les dixo: 'En buena hora vengais, señor capitán, maestro y la compañía ...
Gonzalo Fernández de Oviedo

Gonzalo de Vigo pediu Seguro Real (perdón e amnistía) que lle foi concedido pola súa axuda e continuou viaxe coa expedición á illa de Maluco. O 10 de decembro de 1533 na illa Gilolo fixo de mediador cos nativos da illa, españois e portugueses. En 1536 a expedición chegou a Lisboa na única nao que quedaba comandada por Urdaneta. Non se sabe se volveu coa expedición a España.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O porto de Vigo adicoulle unha escultura de José Molares.[3] A escultura foi criticada polos erros históricos no armamento. O trabuco é douscentos anos posterior ao protagonista e a espada cincocentos anos anterior.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]