Saltar ao contido

Gonzalo Pérez Villaverde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGonzalo Pérez Villaverde
Biografía
Nacemento24 de outubro de 1934 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Outes, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Outes
1973 – 1995 – Carlos López Crespo → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, mestre Editar o valor en Wikidata

Gonzalo Pérez Villaverde, nado en Outes o 24 de outubro de 1934, é un mestre e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mestre. Foi nomeado alcalde de Outes en 1973. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de UCD á alcaldía de Outes, que tivo once escanos, os Independentes tiveron cinco e o PSOE só un, e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura da Coalición Popular, obtivo trece concelleiros e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1987 acudiu ás eleccións de novo por Coalición Popular, conseguiu doce concelleiros e volveu ser elixido alcalde. Nas municipais de 1991 foi o candidato do PPdeG e volveu obter a maioría absoluta, agora só con nove concelleiros. Foi deputado provincial. En 1995 retirouse como candidato e foi substituído por Carlos López Crespo como cabeza de lista do PPdeG, o cal logrou a alcaldía con maioría absoluta.


Predecesor:
Baldomero Puerta Henche
 
Alcalde de Outes
 
1973 - 1995
Sucesor:
Carlos López Crespo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]