Saltar ao contido

Gonzalo Martín March

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 9 de abril de 2015 ás 11:47 por Breogan2008 (conversa | contribucións)

Gonzalo Martín March, nado en Ourense en 1897 e finado na mesma cidade o 17 de setembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria

Foi profesor da Academia preparatoria do Instituto de Pontevedra. Militou na ORGA-FRG e posteriormente en Izquierda Republicana. Durante a Segunda República foi alcalde de Marín e gobernador civil de Ourense en 1936.

Nos días da sublevación militar de xullo de 1936 conseguiu fuxir de Ourense a Pontevedra, pero foi detido e estivo preso no Instituto de Pontevedra. Xulgado en Consello de Guerra sumarísimo, foi acusado de traizón e condenado a morte. No proceso, Martín March declárase autor de todo o sucedido en Ourense para evitar o movemento militar, e di que “si su vida es un obstáculo para la paz que se la ofrenda a España”. Foi fusilado o 17 de setembro negándose a recibir os auxilios relixiosos.

Foi membro do triángulo masónico “Solón”, de Marín.


Predecesor:
José Alcántara Fernández
 
alcalde de Marín
 
1931
Sucesor:
Agustín Rey Fonseca

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas