Gonorrinchiformes
Aparencia
Os Gonorrinchiformes (Gonorynchiformes) son unha orde de peixes teleósteos, dentro da superorde Ostariofisos (Ostariophysi). Comprende un reducido número de especies actuais e numerosas especies fósiles. Dentro desta orde está o sabalote (Chanos chanos), de certa importancia comercial.
Características
[editar | editar a fonte]Posúen bocas pequenas, sen dentes, e un primitivo aparato de Weber. Este é unha cadea de pequenos ósos (as 4-5 vértebras anteriores modificadas), que conectan a vexiga natatoria co oído interno. Actúa a modo de caixa de resonancia e amplifica as vibracións e transmíteas ó oído interno, así como as variacións de presión.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Divídense en tres subordes e catro familias:
- Suborde Chanoidei:
- Familia Chanidae
- Suborde Gonorynchoidei:
- Familia Gonorynchidae
- Suborde Knerioidei:
- Familia Kneriidae
- Familia Phractolaemidae
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gonorrinchiformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Gonorrinchiformes |