Goblin Cock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Goblin Cock
OrixeSan Diego, California,
Período2005 - presente
Xénero(s)doom metal, drone metal, stoner metal, thrash metal
Selo(s) discográfico(s)Robcore Records, Absolutely Kosher, Joyful Noise Recordings
MembrosRob Crow
Nick Reinhart
Tony Gidlund
Tyler Lindgren
Antigos membrosBrent Asbury
Kenseth Thibideau
Kasey Boekholdt
Brandon Relf
Nate Davis
Na rede
Facebook: GoblinCock MySpace: goblincock Bandcamp: goblincock Musicbrainz: 2a210ece-17f4-4cbb-8b2c-95a41f6641f4 Songkick: 41969 Discogs: 529601 Allmusic: mn0000277512 Editar o valor em Wikidata

Goblin Cock é unha banda estadounidense de heavy metal procedente de San Diego, California, fundada por Rob Crow do grupo Pinback. Musicalmente o grupo toca unha forma de doom metal/drone metal con temas líricos moi pouco comúns, como cancións de cultura pop sobre filmes como Godzilla's Revenge ou Billy Jack, e Mr. Snuffleupagus da serie de televisión Sesame Street. Todos os membros da banda teñen nomes artísticos. No presente a banda ten un contrato co selo Joyful Noise Recordings, e anteriormente editou dous traballos coa discográfica Absolutely Kosher. O grupo saíu de xira por vez primeira en 2006 e tocou na 20º edición do festival South by Southwest Music Festival en Austin, Texas.[1] Tamén tocou o 15 de setembro de 2005 no festival anual do College Music Journal.[2]

O seu primeiro álbum, Bagged and Boarded, foi nomeado ao premio PLUG ao álbum de metal do ano en 2006. O seu vídeo musical da canción "Stumped", dirixido por Matt Hoyt, tamén foi nomeado ao premio PLUG ao vídeo musical do ano.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Bagged and Boarded 2005 Absolutely Kosher Records
Come with Me If You Want to Live! 2008 Robcore Records
Necronomidonkeykongimicon 2016 Joyful Noise Recordings
Roses on the Piano 2018 Joyful Noise Recordings

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "South By Southwest 2006: A View From The Ground". The A.V. Club (en inglés). 2006-03-21. Consultado o 2022-06-23. 
  2. "CMJ Artist Showcases: Day 2, 15 September 2005, PopMatters". PopMatters (en inglés). 2005-09-16. Consultado o 2022-06-23.