Gmelin (base de datos)
A base de datos Gmelin é unha gran base de datos química de compostos organometálicos e inorgánicos que se actualiza trimestralmente. Está baseada na publicación alemá Manual de Química inorgánica de Gmelin (Gmelins Handbuch der anorganischen Chemie) escrito por Leopold Gmelin en 1817[1] e actualmente contén 1,5 millóns de compostos e 1,3 millóns de reaccións diferentes. A última versión contén todas as reaccións e compostos descubertos entre 1772 e 1995, e comprende uns 85.000 títulos, palabras clave e resumos, e é mantida por Elsevier MDL.
A base de datos ten uns 800 campos de datos distintos relativos a información eléctrica, magnética, térmica, cristalográfica e fisiolóxica dos compostos.
Pode considerarse unha base de datos irmá da Beilstein, a cal trata dos compostos orgánicos e as súas reaccións.
Accédese polo sistema Reaxys.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Brockhaus ABC Chemie, VEB F. A. Brockhaus Verlag Leipzig 1965, S. 497–498.