Gloria Patri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gloria Patri nun libro de canto gregoriano.

O Gloria Patri é unha pregaria cristiá en honor da Santísima Trindade, que a Igrexa ten o costume de cantar despois de cada salmo, ao final dos misterios do rosario, ou despois doutras pregarias (nosopai, avemaría). É unha doxoloxía (fórmula coa que se glorifica a Deus, normalmente ao final doutro texto), e é coñecido como doxoloxía menor para distinguilo da doxoloxía maior, Gloria in excelsis Deo.

Texto latino:

Gloria Patri, et Filio, et Spiritui Sancto. Sicut erat in principio, et nunc, et semper, et in sæcula sæculorum. Amen.

Texto galego:

Gloria ao Pai, ao Fillo, e ao Espírito Santo. Como era no principio, agora e sempre, polos séculos dos séculos. Amén.