Saltar ao contido

Gloria Lijó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGloria Lijó
Biografía
Nacemento1944 Editar o valor en Wikidata (79/80 anos)
Castiñeiras, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpescadora, nadadora Editar o valor en Wikidata

Gloria Lijó Cacharrón, nada en Castiñeiras (Ribeira) en 1944, é unha mariñeira e nadadora galega. Foi a primeira galega en enrolarse nun barco de pesca de altura.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia de mariñeiros.[1] Casou aos 18 anos, cun mariñeiro.[3] Traballou nas conserveiras Nafonso, Vaquero e Briz, en Ribeira.[3] Cando tiña 27 anos o seu pai enfermou, polo que embarcou por primeira vez para traballar de camareira nun petroleiro noruegués, posto que desempeñou durante 12 anos.[3][4] Cando regresou a Galicia, co diñeiro aforrado comprou varios barcos, mais en cinco meses dous deles afundiron, o que a deixou nunha mala situación económica.[1] Aos 47 anos enrolouse en Ribeira no palangreiro O Baloquento, sobrenome polo que se coñecía ao seu sogro, xunto co seu marido e outros 12 mariñeiros.[2] Pescou durante cinco anos no caladoiro canario subsahariano.[1]

Non aprendeu a nadar ata que deixou de navegar, con 59 anos.[5] Competiu en campionatos nacionais e internacionais de natación, chegando a gañar varios deles.[2] Participou nun campionato do mundo de natación na Universidade Stanford no que logrou o posto 22 entre 19.000 nadadores.[2][6] Entre 2005 e 2009 foi campioa de Galicia e de España de veteranos e cuarta de Europa.[2][6] Bateu 15 marcas de natación.[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Recibiu un premio da Universidade de Santiago de Compostela que a recoñeceu como muller "pioneira".[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 agro (2020-03-09). "Gloria Lijó, la primera mujer en enrolarse en pesca de altura" (en castelán). Consultado o 2024-06-01. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "«Fui la primera mujer en enrolarme en la pesca de altura»" (en castelán). 2020-10-24. Consultado o 2024-06-02. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Gloria Lijó, la primera española que se enroló en pesca de altura" (en castelán). Consultado o 2024-06-01. 
  4. "Gloria Lijó, una vida dedicada al mar". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2024. Consultado o 1 de xuño de 2024. 
  5. "Gloria Lijó, la primera mujer en enrolarse en pesca de altura" (en castelán). 2020-03-07. Consultado o 2024-06-02. 
  6. 6,0 6,1 Vizoso, Sonia (2020-08-23). "La gallega que surcó el mar de los hombres". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2024-06-02.