Gibson Firebird
A Gibson Firebird é unha guitarra eléctrica de corpo sólido fabricada por Gibson dende 1963 ata a actualidade.
Historia
[editar | editar a fonte]Gibson lanzou varios modelos novos durante os anos 50 para competir cos instrumentos de Fender, especialmente coa Telecaster e a Stratocaster. Despois do éxito da Les Paul, a popularidade de Gibson comezou a caer nos anos 60. As cores, formas e múltiples pastillas de Fender conseguiron a aprobación de destacados guitarristas. As guitarras de Gibson semellaban pasadas de moda e, axudado polos seus altos prezos, comezaron a baixar as súas vendas.
Gibson fixera incursións en corpos con formas radicais (a Flying V e a Explorer nos 50), pero fracasara no intento. O presidente da campañía, Ted McCarty, contratou ao deseñador de coches Ray Dietrich para facer unha guitarra atractiva para o público. A Firebird colleu as liñas dos aleróns dos coches dos anos 50. Dietrich colleu o deseño da Explorer e redondeou os seus bordos.
A Firebird é a primeira guitarra de corpo sólido de Gibson que usa un mastro introducido no corpo (neck-through). O mastro está feito de cinco tiras de caoba intercaladas por catro de nogueira para aumentar a súa resistencia. Destaca tamén o caravilleiro inverso, coas chaves de afinación como as dos banjos, ademais das súas pastillas mini-humbucking. Algunhas Firebirds de 1965 levan instaladas a pastilla sinxela de Gibson P-90.