Saltar ao contido

Gibson Explorer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gibson Explorer
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Implicados
 Fabricante
Códigos e identificadores
Freebase/m/063w7y Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

A Gibson Explorer é unha guitarra eléctrica de corpo sólido fabricada por Gibson e presentada en 1958. Na data da súa aparición a Explorer ofrecía un deseño radical e "futurista", ao igual que a súa irmá, a Flying V. A Explorer foi o produto final do deseño dun prototipo que anos máis tarde Gibson comercializaría co nome de Futura.

Inicialmente a Explorer non tivo éxito, e a súa fabricación suspendeuse en 1959. En 1976 Gibson re-lanzou a guitarra despois de que outras marcas comezasen a ter éxito vendendo deseños semellantes. A Explorer fíxose moi popular especialmente entre os músicos de hard rock e heavy metal dos anos 70 e 80.