Gibson EB-2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Gibson EB-2 é un modelo de baixo eléctrico da Gibson Guitar Corporation fabricado de 1958 a 1972, cunha interrupción entre 1962 e 1963. Cando a produción rematou en 1972 fabricáranse un total de 8 017 instrumentos, dos cales 2 102 eran EB-2D. Willie Moseley, da revista Vintage Guitar, referiuse ao modelo como posiblemente "o mellor baixo de Gibson", aínda que non tivo un grande éxito comercial, e a versión Epiphone Rivoli do modelo vendeu máis copias que o propio modelo Gibson.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

Introducido en 1958, o EB-2 foi o equivalente en baixo da popular guitarra Gibson ES-335. Contaba cun corpo semi-oco do estilo da 335, un mastro de escala curta de 30,5 polgadas e unha gran pastilla humbucker "Sidewinder" na posición do mastro. As electrónicas estaban formadas por un mando sinxelo de volume e ton.O EB-2N tiña un acabado natural, o EB-2 acabado sunburst. No ano seguinte engadíuse un "interruptor de barítono", que enfacizaba ou cortaba as frecuencias graves, e posteriormente engadíuse un muteador de cordas na ponte.[1]

En 1961 os afinadores orixinais como os dun banjo, coas caravillas apuntando cara a atrás, substituíronse por unhas normais, e en 1965 introducíuse a cor cereixa.[2]

En 1966 apareceu o EB-2D, que tiña unha pastilla mini-humbucker na posición da ponte (ao igual que o EB-3). Tiña tamén controis separados de volume e ton e un interruptor de tres posicións para seleccionar as pastillas, ademais do interruptor de "barítone".[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Moseley, Willie G. (xaneiro de 2012). "The Gibson EB-2: Kalamazoo Biggest Bass Innovation?". Vintage Guitar. p. 60.
  2. "Vintage Vault: 1967 Gibson EB-2 With 1967 Sunn 200s". Premier Guitar (en inglés). 2011-02-15. Consultado o 2022-01-21.