Ghost in the Shell (filme de 1995)
Ghost in the Shell | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Gōsuto In Za Sheru/Kōkaku Kidōtai |
Director | Mamoru Oshii |
Produtor | Yoshimasa Mizuo Ken Matsumoto Ken Iyadomi Mitsuhisa Ishikawa |
Guión | Kazunori Itō |
Baseado en | Ghost in the Shell de Masamune Shirow |
Intérpretes | Atsuko Tanaka Akio Ōtsuka Iemasa Kayumi |
Música | Kenji Kawai |
Fotografía | Hisao Shirai |
Montaxe | Shūichi Kakesu Shigeyuki Yamamori |
Estudio | Production I.G |
Distribuidora | Shochiku (Xapón) Manga Entertainment (Internacional) |
Estrea | 18 de novembro de 1995 |
Duración | 82 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación |
Orzamento | $10 000 000[1] |
Recadación | $2 287 714[2] |
Filme seguinte | Ghost in the Shell 2: Innocence |
Na rede | |
http://ghostintheshell.manga.com/ | |
Ghost in the Shell (GHOST IN THE SHELL/攻殻機動隊 Gōsuto In Za Sheru/Kōkaku Kidōtai?) é un filme xaponés dirixido por Mamoru Oshii que se estreou en 1995. Baséase no manga homónimo de Masamune Shirow. A animación é obra de Production I.G, e o guión de Kazunori Itō. As voces de dobraxe orixinais son de Atsuko Tanaka, Akio Ōtsuka e Iemasa Kayumi. Unha versión actualizada chamada Ghost in the Shell 2.0 foi estreada no 2008, con novo son e gráficos 3D por ordenador nalgunhas escenas.
Ghost in the Shell conta a caza da axencia de seguridade Sección 9 dun hacker coñecido como Puppet Master. Coa asistencia do seu equipo, Motoko Kusanagi atopa ó sospeitoso e mergúllase nunha complexa intriga política que tenta encubrir a identidade e a finalidade do Puppet Master.
O filme foi estreado o 18 de novembro de 1995 e recibiu, en xeral, críticas positivas. A súa animación foi louvada, mais non así o argumento, que foi cualificado de predecible. O filme casou impresións moi positivas en directores como os Irmáns Wachowski e James Cameron. Unha secuela indirecta deste filme, Ghost in the Shell 2: Innocence, foi estreada no 2004.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Ano 2029. Nunha enorme cidade asiática, unha muller cyborg policía investiga as sinistras actividades dun misterioso hacker, un supercriminal que está invadindo as autoestradas da información.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1996: Festival de Sitges: Sección oficial longametraxes a concurso.
Impacto cultural
[editar | editar a fonte]Larry e Andy Wachowski, creadores de Matrix e as súas secuelas, amosáronlle o filme ó produtor Joel Silver, dicindo, "Nós queremos facelo en real."[3] A saga Matrix ten varios conceptos deste filme, como a chuvia dixital de datos, que está inspirada nos créditos de Ghost in the Shell, e o xeito mediante o cal a xente accede a Matrix a través de enchufes na caluga.[4] Outros paralelismo atópanse en Avatar de James Cameron, en A.I. Artificial Intelligence de Steven Spielberg e en Surrogates de Jonathan Mostow.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "Kôkaku kidôtai (1996)". JPBox-Office. 29 de xaneiro de 1997. Consultado o 30 de outubro de 2013.
- ↑ Joel Silver, interviewed in "Making The Matrix" featurette on The Matrix DVD.
- ↑ "Hollywood is haunted by Ghost in the Shell". The Guardian. Consultado o 26 de xullo de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ghost in the Shell na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)