Gertrud Scholtz-Klink
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (de) Gertrud Emma Treusch 9 de febreiro de 1902 Adelsheim, Alemaña |
| Morte | 24 de marzo de 1999 Bebenhausen, Alemaña (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | política, xornalista, xornalista de opinión |
| Partido político | Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores |
| Pseudónimo literario | Maria Stuckenbrock |
| Familia | |
| Cónxuxe | August Heißmeyer Günther Scholtz |
| Irmáns | Wilhelm Treusch |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Gertrud Scholtz-Klink, nada como Gertrud Emma Treusch en 1902 e finada en 1999, foi a líder da Liga de Mulleres Nacionalsocialistas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla dun funcionario de Adelsheim, en Baden, deixou os estudos durante a primeira guerra mundial, traballou nos ferrocarís e como asistenta en casas de familia de militares. En 1921 casou con Eugen Klink, un mestre de escola simpatizante do NSDAP co que tivo catro fillos. En 1930 quedou viúva e converteuse na dirixente das mulleres do Partido Nazi en Baden.
En 1932 casou co médico Günter Scholtz, e coa chegada dos nazis ao poder na xefa das seccións femininas no Ministerio do Interior e directora do Servizo Laboral Feminino e en 1934 a dirección da Liga de Mulleres Alemás (DFW). Dende o seu posto promovía a superioridade do home e a dedicación da muller ás tarefas do fogar e ao coidado dos fillos.
En 1938 divorciouse do seu marido, e en 1940 casou con August Heissmeyer, xefe de grupo das SS. Despois da guerra desapareceu co seu home e ata 1948 non foi detida e condenada a 18 meses de prisión.