Guerreidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gerreidae»)
Eucinostomus sp

Os Guerreidos (Gerreidae) son unha familia de peixes incluída na orde dos Perciformes. Están distribuídos por mares tropicais e ocasionalmente en estuarios, rara vez en auga doce.

Características[editar | editar a fonte]

Son peixes prateados que presentan unha boca moi protráctil. Liña lateral paralela á base da dorsal.

Aletas dorsal e anal cunha vaíña de escamas na base; dorsal formada por unha parte espiñosa e outra branda; anal con 3-6 espiñas e o resto branda; pectorais longas e algo falciformes; pelvianas cunha espiña longa, anterior; caudal profundamente fendida.

A lonxitude máxima rexistrada é de 35 cm (Gerres filamentosus).

Aliméntanse de invertebrados bentónicos que extraen da area [1].

Clasificación[editar | editar a fonte]

Divídense en seis xéneros:

  • Xénero Diapterus (Ranzani, 1842)
  • Xénero Eucinostomus (Baird e Girard en Baird, 1855)
  • Xénero Eugerres (Jordan e Evermann, 1927)
  • Xénero Gerres (Quoy e Gaimard, 1824)
  • Xénero Parequula (Steindachner, 1879)
  • Xénero Pentaprion (Bleeker, 1850)

Inicialmente designouse como Gerridae pero ó estar ocupado este nome por unha familia de insectos (da orde Hemiptera) tivo que cambiar o nome polo de Gerreidae.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O bentos (do grego βένθος/benthos, "fondo mariño") é a comunidade biolóxica formada polos organismos que habitan no fondo dos ecosistemas acuáticos, a diferenza do plancto e o necto, formados por organismos que habitan na columna de auga.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]