Germán Lastra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Germán Lastra
Lugar de nacementoNegueira de Muñiz
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Germán Lastra Cancio, nado en Negueira de Muñiz, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empregado da Campsa. Organizador do Sindicato General Trabajadores Petróleo da UGT. Foi Vocal-Tesoureiro do Comité Executivo provincial do Partido Republicano Radical Socialista (1932), secretario da Xunta provincial de Colectividades Socialistas, e en marzo de 1936 foi nomeado polo gobernador civil xestor da Deputación de Lugo[1] e xestor do concello de Lugo en substitución de Benigno Quiroga.[2] Colaborador en El Progreso e Vida Escolar, foi secretario da Asociación da Prensa de Lugo en 1932. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pillouno en Oviedo. Levou a familia a Muñó (Siero) e incorporouse a Campsa en Xixón ata o fin da guerra en Asturias. Estivo agochado en Muñó un ano. Presentouse en comisaría e foi detido e sometido a consello de guerra en Xixón] en 1939. Estivo preso 18 meses na prisión de El Coto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 22-3-1936, p. 6.
  2. El Progreso, 31-3-1936, p. 6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]