Gerber

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplo de deseño PCB en formato Gerber.

Gerber é un formato de ficheiros dixitais 2D empregado para o deseño de placas de circuítos impresos ou PCB. O formato Gerber é empregado por programas de deseño como Wizard, EAGLE, DipTrace, Protel, KiCad ou Altium Designer. O estándar máis común agora é RS-274X, aínda que existen outros menos frecuentes.

O formato está baseado en G-Code, programación para control numérico computerizado.

Notas[editar | editar a fonte]