Gerardo Jeremías Devesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGerardo Jeremías Devesa
Biografía
Nacemento8 de novembro de 1847 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de abril de 1890 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Gerardo Francisco Jeremías Devesa, nado en Santiago de Compostela o 8 de novembro de 1847 e finado na mesma cidade o 27 de abril de 1890[1], foi un médico e político galego, reitor da Universidade de Santiago de Compostela.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo natural de Gabriela Geremías Debesa, de extracción humilde, rematou o bacharelato en 1863 e licenciouse en Medicina en 1869 realizando tamén o doutoramento. En 1875 desprazouse a Granada para facerse cargo da cátedra de Anatomía Xeral e Descritiva. Dous anos despois volveu a Santiago coa cátedra de Patoloxía Cirúrxica. Foi elixido concelleiro do Concello de Santiago nas eleccións do 2 ao 4 de maio de 1881[2]. Foi alcalde interino de Santiago de Compostela (1884-1885) e reitor da Universidade de Santiago de Compostela entre os anos 1888 e 1890.

Casou con Luisa Rodríguez Montero, sobriña de Eugenio e José Montero Ríos, de cuxo matrimonio tivo catro fillos.


Predecesor:
José López Amarante
 
Alcalde de Santiago
 
1884 - 1885
Sucesor:
José Vázquez Quirós
Predecesor:
Antonio Casares Rodríguez
 
Reitor da Universidade de Santiago
 
1888 - 1890
Sucesor:
Jacobo Gil Villanueva

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]