Georgios Papandreu
Aparencia
Georgios Papandreu (Γεώργιος Παπανδρέου), nado o 16 de xuño de 1952 en Saint Paul (Minnesota, Estados Unidos), é un político grego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Forma parte dunha estirpe familiar de políticos gregos pois o seu pai (Andreas Papandreu) e o seu avó (Georgios Papandreu) ocuparon o cargo de Primeiro Ministro de Grecia en etapas anteriores. Ministro de Exteriores Grego (1999-2004). Tamén é presidente do Movemento Socialista Panhelénico (PASOK) dende febreiro de 2004. En 2006 foi elixido Presidente da Internacional Socialista.[1]. A partir de 2009 e ata 2011 foi primeiro ministro de Grecia, ata que dimitiu como consecuencia da importante crise económica e política do país. Foi substituído polo economista independente Lucas Papadimos.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Georgios Papandreu |
- Biografía por Fundación CIDOB Arquivado 09 de novembro de 2011 en Wayback Machine.
Predecesor: Kostas Karamanlis |
Primeiro Ministro de Grecia 2009 - 2011 |
Sucesor: Lucas Papadimos |