GeneSat 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
GeneSat 1
GeneSat 1
TipoCientífico
OrganizaciónCNES
Destino actualReentrado na atmosfera.[1][2][3]
Data de lanzamento16 de decembro de 2006[1][4][5][6]
Foguete portadorMinotaur 1[1][3]
Sitio de lanzamentoWallops Flight Facility[1][2]
Obxectivo da misiónExperimentos biolóxicos.[1][2]
Decaemento4 de agosto de 2010[4]
NSSDC ID2006-058C
Masa4,6 kg[1]

GeneSat 1 foi un satélite artificial da NASA lanzado o 16 de decembro de 2006 mediante un foguete Minotaur 1 desde a Wallops Flight Facility.[1][2][3]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de GeneSat 1 foi estudar os efectos da microgravedade en varios cultivos biolóxicos. O satélite era un CubeSat de 3 unidades froito da cooperación entre a NASA e varias universidades. GeneSat 1 era un pequeno laboratorio en miniatura, autocontido, con cultivos de Escherichia coli no seu interior, cunha duración de misión de 21 días. Para o experimento non era necesario recuperar os cultivos. A potencia consumida polo satélite, producida polas células solares do seu exterior, era de entre 4 e 5 W. O satélite reentrou na atmosfera, tal como estaba previsto, o 4 de agosto de 2010, quedando destruído.[1][2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 NASA (17 de abril de 2020). "GeneSat 1" (en inglés). Consultado o 25 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mark Wade (2020). "Genesat" (en inglés). Consultado o 25 de abril de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "GeneSat 1" (en inglés). Consultado o 25 de abril de 2020. 
  4. 4,0 4,1 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "GENESAT" (en inglés). Consultado o 25 de abril de 2020. 
  5. Claude Lafleur (2020). "Genesat 1" (en inglés). Consultado o 25 de abril de 2020. 
  6. "Note verbale dated 6 September 2007 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (07-86848(E)). 17 de setembro de 2007: 3. Consultado o 25 de abril de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]