Genaro Riestra Díaz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de novembro de 1905 Cidade de México |
Morte | 28 de xullo de 1957 (51 anos) Bilbao, España |
Procurador en Cortes | |
14 de maio de 1955 – 2 de outubro de 1957 – Manuel Salvador Ascaso (en) → Lexislatura: V lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
14 de maio de 1952 – 13 de abril de 1955 Lexislatura: IV lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
13 de maio de 1949 – 5 de abril de 1952 Lexislatura: III lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
12 de maio de 1946 – 6 de abril de 1949 Lexislatura: II lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
10 de novembro de 1944 – 24 de abril de 1946 ← Rodrigo Vivar Téllez (pt) Lexislatura: I lexislatura das Cortes franquistas | |
Gobernador civil de Biscaia | |
setembro de 1944 – xullo de 1957 – Manuel Salvador Ascaso (en) → | |
Gobernador civil da provincia de Pontevedra | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Premios | |
Genaro Riestra Díaz, nado en Cidade de México o 1 de novembro de 1905 e finado en Bilbao o 28 de xullo de 1957[1], foi un político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou en Xixón e foi profesor mercantil. Na II República Española difundiu o ideario falangista en Hispanoamérica. Foi Xefe Territorial das Antillas en 1939. Residente en Cidade de México, foi responsable das Falanges de México e Cuba. Foi expulsado de México. Foi Delegado especial para a repatriación de menores. Secretario Nacional, delegado do Servizo Exterior de Falange Española e responsable das Falanges del Mar. O 11 de abril de 1943 foi nomeado gobernador civil de Pontevedra. En setembro de 1944 pasou a ser gobernador civil de Biscaia. Foi procurador en Cortes. Foi condecorado coa Medalla de Oro de Vizcaya, a Medalla de Oro de Bilbao, a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil e a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María de los Ángeles de la Fuente Díaz.