Gauche divine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Gauche divine ('esquerda divina' en francés) foi un movemento de intelectuais e artistas de esquerda que se estendeu por Barcelona durante os anos sesenta e comezos dos setenta. O grupo estivo ligado ao movemento cinematográfico denominado Escola de Barcelona. O escritor e periodista Joan de Sagarra foi quen bautizou ao grupo co nome de Gauche divine no xornal Tele/exprés en outubro de 1969, despois da festa de presentación de Tusquets Editores na sala Gran Price.[1]

Membros[editar | editar a fonte]

A maioría dos seus membros proviñan da burguesía e das altas clases da capital catalá. Entre eles atopábanse escritores e poetas como Félix de Azúa, José María Carandell, Ana María Moix, Terenci Moix, Jaime Gil de Biedma, José Agustín Goytisolo e Rosa Regàs; arquitectos e deseñadores como Óscar Tusquets, Ricardo Bofill, Oriol Bohigas e Elsa Peretti; cantantes como Guillermina Motta, Raimon e Serrat; fotógrafos como Colita, Xavier Miserachs ou Oriol Maspons; modelos como Teresa Gimpera ou Isabel Gil Moreno de Mora, coñecida como «Belle Bel» ou «A nena Isabel» e considerada a musa do grupo; editores como Jorge Herralde, Esther Tusquets ou Beatriz de Moura; xente do mundo do cine como Gonzalo Herralde e integrantes da Escola de Barcelona como Gonzalo Suárez, Román Gubern e Vicente Aranda e outros como El Perich, Oriol Regàs, Eugenio Trías e Serena Vergano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gauche Divine". El Cultural (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2018.