Garibaldo, duque de Turín
Nome orixinal | (la) Garibaldus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século VII |
Morte | 10 de abril de 662 (Gregoriano) Turín, Italia |
Causa da morte | homicidio, decapitación |
Actividade | |
Ocupación | político |
Outro | |
Título | Duque |
Garibaldo, finado en Turín en 662, foi un duque longobardo de Turín ata a súa morte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Paulo Diácono non fornece indicacións precisas sobre o momento do seu nomeamento como duque de Turín, senón que o rexistra [1] como embaixador invitado polo rei Godeperto no 661 ante o duque de Benevento, Grimoaldo, ao que debía pedirlle axuda para que auxiliase ao soberano a expulsar ao seu irmán Perctarito co cal, segundo o testamento do seu pai Ariperto I, compartía o reino longobardo. Garibaldo, porén, traizoou a Godeperto, animando a Grimoaldo a botar aos dous irmáns e sentar no trono no canto deles.
Ao seu retorno a Turín, Garibaldo cae vítima dun homunculus da súa corte, que o agrediu na igrexa de San Xoán Bautista o día de Pascua: desenvaiñou a espada mentres o duque estaba chegando á pía bautismal, decapitouno dun só golpe, antes de ser matado á súa vez polo séquito de Garibaldo[2].
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Storia dei Longobardi, Lorenzo Valla/Mondadori, Milán 1992).