García Jofre de Loaísa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
García Jofre de Loaísa
Nacemento1490
Lugar de nacementoCidade Real
Falecemento30 de xullo de 1526
Lugar de falecementoOcéano Pacífico
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónexplorador e mariño
editar datos en Wikidata ]

García Jofre de Loaísa nado en Cidade Real en 1490 e finado no océano Pacífico o 30 de xullo de 1526, foi un mariño da coroa de Castela. Descubriu o cabo de Fornos e as illas Marshall.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comandou a expedición que o 24 de xullo de 1525 partiu do porto da Coruña nunha frota de sete naos e 450 homes para colonizar as illas Molucas, ricas en especias entón en disputa das coroas de Castela e Portugal. Regresaron a España 24 mariños en 1536.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]