Ganglios linfáticos subescapulares
Aparencia
Os ganglios linfáticos subescapulares son un conxunto de ganglios linfáticos situados no membro superior humano, pertencentes á parte máis posterior dos grupo linfático axilar. Son en total seis ou sete ganglios, que se adoitan situar ao longo do percorrido da arteria subescapular. Drena a linfa da parede torácica posterior e da parte inferior do pescozo. Transporta esta linfa cara aos ganglios linfáticos axilares máis centrais.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.