Saltar ao contido

Galaxy (satélites)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Galaxy 9»)
Lanzamento do satélite Galaxy 8I.

Galaxy é o nome duns satélites de comunicacións operados inicialmente pola empresa estadounidense Hughes Communications, Inc. Trátase de satélites en órbita xeoestacionaria cuxo primeiro membro foi lanzado en 1983. Aínda que pertencentes a unha mesma empresa e a ter unha mesma función, os satélites Echostar mostran unha variedade de modelos e diversos vehículos para ser postos en órbita.[1]

Galaxy 1, 1R, 1R2, 2, 3, 5, 6 e 9

[editar | editar a fonte]

Os primeiros satélites Galaxy usaban o bus HS-376 (tamén denominado BSS-376). Foron lanzados entre 1983 e 1996 e aínda que orixinalmente eran propiedade de Hughes foron transferidos a PanAmSat Corporation en maio de 1997. Tiñan unha masa duns 1200 kg e forma cilíndrica, estabilizábanse mediante xiro e contaban con ata 30 transpondedores de banda C a bordo.[2]

Galaxy 10

[editar | editar a fonte]

O Galaxy 10 usaba o bus HS-601 (ou BSS-601) e estaría estabilizado nos tres eixos. Tería contado con 24 transpondedores en banda C e 24 en banda Ku. Foi lanzado o 27 de agosto de 1998, pero non chegou a órbita polo fallo do foguete lanzador.[3]

Galaxy 11

[editar | editar a fonte]

O Galaxy 11 foi o primeiro en usar o bus HS-702 (ou BSS-702). Foi lanzado o 22 de decembro de 1999 mediante un foguete Ariane 4. Levaba 64 transpondedores a bordo: 24 en banda C e 40 en banda Ku. Tiña unha masa de 4477 kg e estabilizábase nos tres eixos. Os seus paneis solares producían ata 10 kW de potencia, dando servizo a Norteamérica e o Brasil.[4]

Galaxy 12, 14 e 15

[editar | editar a fonte]

Os Galaxy 12, 14 e 15 son construídos pola empresa Orbital e teñen entre 20 e 24 transpondedores en banda C a bordo. Os dous primeiros foron lanzados en 2003 e 2005, mentres que o pedido Galaxy 15 foi modificado para ser construído como outro tipo de satélite.[5]

Galaxy 13 (Horizons 1)

[editar | editar a fonte]

Galaxy 13 usa o bus HS-601 (BSS-601) e foi construído por encargo de PanAmSat e JSAT nunha iniciativa conxunta. Foi lanzado o 30 de setembro de 2003 mediante un foguete Zenit 3SL. Dá cobertura a norteamérica, Porto Rico, Alasca, Hawai e México. Leva a bordo 48 transpondedores, 24 en banda C e 24 en banda Ku.[6]

Galaxy 15

[editar | editar a fonte]

Galaxy 15 usa o bus Star 2 da empresa Orbita. Foi lanzado o 13 de outubro de 2005 mediante un foguete Ariane 5 e leva a bordo transpondedores en banda C e banda L. Ademais proporciona sinais do sistema GPS. En 2010 o satélite deixou de responder aos comandos enviados desde terra, aínda que seguía transmitindo a través dos seus transpondedores. En decembro de 2010, despois de moverse da súa órbita orixinal, as baterías do satélite esgotáronse, os sistemas se reiniciaron e puido retomarse de novo o control.[7]

Galaxy 16 e 18

[editar | editar a fonte]

Ambos levan a bordo 24 transpondedores de banda C e 24 de banda Ku. Os dous usan o bus SSL-1300, estabilízanse nos tres eixos e teñen unha esperanza de vida de 15 anos. Teñen unha masa duns 4640 kg. Galaxy 16 foi lanzado o 18 de xuño de 2006 e Galaxy 18 o 21 de maio de 2008, ambos mediante foguetes Zenit 3SL.[8]

Galaxy 17

[editar | editar a fonte]

Galaxy 17 é o primeiro satélite Galaxy encargado a unha empresa europea, Alcatel Alenia Space. Usa o bus Spacebus 3000B3 e ten 24 transpondedores de banda Ku e 24 de banda C. Cunha masa de 4100 kg, ten unha esperanza de vida de 15 anos e os seus paneis solares poden producir 9,5 kW de potencia. Foi lanzado o 4 de maio de 2007 mediante un Ariane 5.[9]

Galaxy 19

[editar | editar a fonte]

Galaxy 19 foi construído por Space Systems Loral para Intelsat. Orixinalmente denominado Intelsat Americas-9, o seu nome foi cambiado a Galaxy 19. Usa o bus SSL-1300 e ten 28 transpondedores de banda Ku e 24 de banda C. Ten unha masa de 4692 kg, unha esperanza de vida de 13 anos e foi lanzado o 24 de setembro de 2008 mediante un Zenit 3SL.[9]

Galaxy 30

[editar | editar a fonte]

Galaxy 30 usa o bus GEOStar 2 e pertence a Intelsat. Leva a bordo transpondedores de banda Ku, banda C e banda L. Ten unha masa de 3325 kg, unha esperanza de vida de 15 anos e foi lanzado o 15 de agosto de 2020 mediante un foguete Ariane 5.[10]

Galaxy 3C

[editar | editar a fonte]

Galaxy 3C comezou sendo propiedade de PanAmSat para posteriormente pasar a ser de Intelsat. Leva a bordo 53 transpondedores de banda Ku e 24 de banda C. Ten unha masa de 4810 kg, unha esperanza de vida de 15 anos e foi lanzado o 15 de xuño de 2002.[11]

Galaxy 3R (Anik E2R)

[editar | editar a fonte]

Galaxy 3R usa o bus HS-601, comezou sendo propiedade de PanAmSat e logo o foi de Telesat. Leva a bordo 24 transpondedores de banda Ku e 24 de banda C. Ten unha masa de 3069 kg, unha esperanza de vida mínima de 8 anos e foi lanzado o 15 de decembro de 1995 para substituír a Galaxy 3. O satélite sufriu un problema nos seus procesadores que levou a retiralo en xaneiro de 2006.[12]

Galaxy 4 e 7

[editar | editar a fonte]

Galaxy 4 e 7 foron lanzados para dar cobertura total á parte continental dos Estados Unidos e á zona do Caribe mediante sinais en banda C e Ku. Ambos foron lanzados mediante Ariane 4, o Galaxy 4 o 25 de xuño de 1993 e o Galaxy 7 o 28 de outubro de 1992. Ambos usaban o bus HS-601. O Galaxy 4 quedou prematuramente fóra de servizo o 19 de maio de 1998 por un fallo dos seus procesadores. O 13 de xuño de 1998 o Galaxy 7 tivo tamén problemas no seu procesador principal, cambiando ao procesador de apoio automaticamente. Estivo funcionando ata o 22 de novembro de 2000 en que o fallo do segundo procesador deixou o satélite inservible.[13]

Galaxy 4R e 10R

[editar | editar a fonte]

Galaxy 4R e 10R usan o bus HS-601HP, unha variante de alta potencia do bus HS-601. Ambos foron lanzados mediante foguetes Ariane 4, o Galaxy 4R o 19 de abril de 2000 e o Galaxy 10R o 25 de xaneiro dese mesmo ano. Galaxy 4R foi retirado do servizo en abril de 2009.[14]

Galaxy 8i e 8iR

[editar | editar a fonte]

Galaxy 8i e 8iR usan tamén o bus HS-601HP. Galaxy 8iR foi cancelado, mentres que Galaxy 8i foi lanzado mediante un Atlas IIAS o 8 de decembro de 1997. Os seus paneis solares xeran 10 kW de potencia e leva a bordo 32 transpondedores en banda Ku. Foi retirado do servizo en febreiro de 2004.[15]

Galaxy 33 e 34

[editar | editar a fonte]

Os satélites Galaxy 33 e 34 usan o bus GEOStar 3 e ambos foron lanzados a bordo dun Falcon 9 o 8 de outubro de 2022. Levan unicamente transpondedores en banda C e son propiedade de Intelsat. Foron construídos por Northrop Grumman Innovation Systems (anteriormente Orbital ATK) e cada un ten unha masa de 3654 kg, cunha vida prevista de 15 anos.[16]

Galaxy 31, 32, 35 e 36

[editar | editar a fonte]

Son satélites de comunicación exclusivamente en banda C propiedade de Intelsat. Úsanse principalmente para transmisións televisivas. Construídos por Maxar, usan o bus SSL-1300.[17]

Galaxy 37 (Horizon 4)

[editar | editar a fonte]

O Galaxy 37, que leva a bordo a carga útil Horizon 4, funciona en banda C, é propiedade de Intelsat e usa o bus SSL-1300. Foi lanzado o 3 de agosto de 2023 mediante un Falcon 9.[18]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1] Data de lanzamento[1] Foguete lanzador[1] Notas[1]
Galaxy 1 28 de xuño de 1983 Delta 3920 PAM-D Éxito
Galaxy 2 22 de setembro de 1983 Delta 3920 PAM-D Éxito
Galaxy 3 21 de setembro de 1984 Delta 3920 PAM-D Éxito
Galaxy 6 12 de outubro de 1990 Ariane 4 Éxito
Galaxy 5 14 de marzo de 1992 Atlas I Éxito
Galaxy 1R 22 de agosto de 1992 Atlas I Fallo do lanzador.
Galaxy 7 28 de outubro de 1992 Ariane 4 Éxito
Galaxy 4 25 de xuño de 1993 Ariane 4 Éxito
Galaxy 1R2 19 de febreiro de 1994 Delta 7925 Éxito
Galaxy 3R 15 de decembro de 1995 Atlas IIA Éxito
Galaxy 9 24 de maio de 1996 Delta 7925 Éxito
Galaxy 8i 8 de decembro de 1997 Atlas IIAS Éxito
Galaxy 10 27 de agosto de 1998 Delta 8930 Fallo do foguete lanzador.
Galaxy 11 22 de decembro de 1999 Ariane 4 Éxito
Galaxy 10R 25 de xaneiro de 2000 Ariane 4 Éxito
Galaxy 4R 19 de abril de 2000 Ariane 4 Éxito
Galaxy 3C 15 de xuño de 2002 Zenit 3SL Éxito
Galaxy 12 9 de abril de 2003 Ariane 5 Éxito
Galaxy 13 1 de outubro de 2003 Zenit 3SL Éxito
Galaxy 14 13 de agosto de 2005 Soiuz-FG Frega Éxito
Galaxy 15 13 de outubro de 2005 Ariane 5 Éxito
Galaxy 16 18 de xuño de 2006 Zenit 3SL Éxito
Galaxy 17 4 de maio de 2007 Ariane 5 Éxito
Galaxy 18 21 de maio de 2008 Zenit 3SL Éxito
Galaxy 19 24 de setembro de 2008 Zenit 3SL Éxito
Galaxy 33 8 de outubro de 2022 Falcon 9 Éxito
Galaxy 34 8 de outubro de 2022 Falcon 9 Éxito
Galaxy 31 12 de novembro de 2022 Falcon 9 Éxito
Galaxy 32 12 de novembro de 2022 Falcon 9 Éxito
Galaxy 35 13 de decembro de 2022 Ariane 5 Éxito
Galaxy 36 13 de decembro de 2022 Ariane 5 Éxito
Galaxy 37 3 de agosto de 2023 Falcon 9 Éxito
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2020). "Galaxy" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2020. 
  2. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 1, 1R, 1R2, 2, 3, 5, 6, 9" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2020. 
  3. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 10" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2020. 
  4. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 11" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2020. 
  5. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 12, 14, 15" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2020. 
  6. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 13 / Horizons 1" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2020. 
  7. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 15" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2020. 
  8. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 16, 18" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2020. 
  9. 9,0 9,1 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 17" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2020. 
  10. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 30" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2020. 
  11. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 3C" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2020. 
  12. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 3R / Anik E2R" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2020. 
  13. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 4, 7 / HGS 4" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2020. 
  14. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 4R, 10R" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2020. 
  15. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 8i, 8iR" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2020. 
  16. Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 33, 34" (en inglés). Consultado o 13 de outubro de 2022. 
  17. Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 31, 32, 35, 36" (en inglés). Consultado o 14 de novembro de 2022. 
  18. Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 37 / Horizons 4" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]