Gala (emperatriz)
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 370 ↔ 375 Constantinopla |
| Morte | 394 |
| Causa da morte | trastorno puerperal |
| Roman Empress (en) | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Arianismo |
| Período | Baixo Imperio Romano |
| Familia | |
| Cónxuxe | Teodosio I (387 (Gregoriano)–) |
| Fillos | Gala Placidia |
| Pais | Valentiniano I |
| Irmáns | Graciano Valentiniano II Grata |
| Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Gala foi filla do augusto Valentiniano I, emperador de Occidente, e da súa segunda esposa Xustina. Este matrimonio celebrouse no 364 para consolidar o goberno de Valentiniano, xa que Xustina estivera casada co augusto Constancio II, con quen tivo unha filla chamada Constancia, que á súa vez casou con Graciano, fillo de Valentiniano. Desta forma, os irmáns de Gala eran ao mesmo tempo os seus cuñados.
O seu irmán máis vello morreu no 383 e cando o menor Valentiniano II foi destronado no 387 por Máximo, trasladouse xunto á súa nai a Tesalónica, onde coñeceu o augusto Teodosio I, emperador de Oriente, recentemente viúvo. Teodosio pedeuna como esposa e restableceu a Valentiniano en Occidente.
Foi nai de Gala Placidia.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |