Saltar ao contido

Gaivotón atlántico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gaivotón»)
Larus marinus

O gaivotón atlántico[1] (Larus marinus) é unha especie de ave Charadriiforme da familia Laridae. É unha das gaivotas meirandes do mundo, cunha envergadura de ás de ata 1,7 m.

Ten un poderoso peteiro para comer pitos de aves mariñas e crías de parrulos, engulíndoos enteiros. A diferenza da gaivota arxéntea, esta ave adoita cazar soa ou en parella. Aniña nas costas rochosas e pon tres ovos. Miden ata 79 cm de longo e atópanse no norte do océano Atlántico.

  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]