Gabriel Piroird

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gabriel Piroird
Piroird.JPG
Bispo da Igrexa católica latina
Biografía
Nacemento5 de outubro de 1932 en Lión (Francia)
Pasamento4 de abril de 2019 en Lión (Francia)
Ordes
Ordenación sacerdotal27 de xuño de 1964
Consagración episcopal3 de xuño de 1983, por Jean Scotto
Bispo de Constantina e Hipona
1983 - 2008
PredecesorJean Scotto
SucesorPaul Desfarges
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Gabriel Piroird, nado o 5 de outubro de 1932 en Lión e finado na mesma cidade o 4 de abril de 2019, foi un relixios católico latino francés, bispo de Constantina e Hipona entre 1983 e 2008.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gabriel Piroird foi ordenado sacerdote do Instituto do Prado o 27 de xuño de 1964. Logo de estar en contacto durante varios anos coa inmigración alxeriana en Lión, foi enviado a Alxeria como párroco de Bixaia, na diocese de Constantina, ao mesmo tempo que traballaba como enxeñeiro na dirección de hidráulica da vilaia.

O 25 de marzo de 1983 foi nomeado bispo de Constantina e Hipona. Recibiu a consagración episcopal o 3 de xuño de mans do seu predecesor, o bispo Jean-Baptiste Scotto.

Retirouse o 21 de novembro de 2008 e, como bispo emérito, exerceu como capelán das Pequenas Irmás dos Pobres. Finou o 4 de abril de 2019.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Servir l'œuvre de Dieu en Algérie [Servir á obra de Deus en Alxeria]. Parole Et Silence. 2009.