Gaélicos do Gran Sol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Escudo dos Gaélicos do Gran Sol

O Club Deportivo Gaélicos do Gran Sol, abreviado “Gran Sol”, é un equipo deportivo de Barcelona que practica o fútbol gaélico. Nace no ano 2015 e dende 2017 conta con equipo feminino e masculino.

Nome e símbolos[editar | editar a fonte]

O nome do equipo refírese ao caladoiro do mesmo nome, que ocupa gran parte da fachada litoral atlántica. Ademais tamén evoca o libro de Xurxo Souto: “Contos do mar de Irlanda: De Galiza ao Gran Sol”. O símbolo do club é un escudo formado por unha cruz de San Xurxo, (que simboliza o seu nacemento en terras catalás) e en cada un dos catro lados da cruz, atopamos respectivamente, un sol, unha bandeira de Galiza, un trisquel e un balón de fútbol gaélico.

Historia[editar | editar a fonte]

O club nace en 2015 polo interese amosado por un grupo de migrantes galegas, que tiñan interese na práctica do fútbol gaélico. No ano 2016 inscríbese na GAA e comeza a competir en campionatos oficiais, como o Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico ou a Copa Cataluña de fútbol gaélico. No ano 2017 constitúese o equipo feminino, coñecidas coma “Gran Solettes”.

A súa maior particularidade é que a pesar de estar radicado en Barcelona, está conformado na súa maior parte por xogadoras galegas. Nos últimos tempos tamén hai moitas catalás que se achegaron a este deporte da man deste equipo, e incluso persoas doutras nacionalidades, co cal o club alcanza unha dimensión internacional.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns[editar | editar a fonte]