GSLV

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
GSLV (Geostationary Launch Vehicle)
Esquema dun GSLV.
Esquema dun GSLV.
Función Lanzador espacial de capacidade media
Fabricante ISRO
País de orixe India
Tamaño
Altura 49,0 m[1]
Diámetro 2,80 m[1]
Masa 402.000 kg[1]
Etapas 3[1]
Capacidade
Carga útil a LEO 5000 kg[1]
Carga a
GEO
2500 kg[1]
Historia de lanzamentos
Estado En servizo[1][2]
Sitios de lanzamento Satish Dhawan[1]
Total de lanzamentos 7[2]
Éxitos 2[2]
Fallos 3[2]
Fallos parciais 2[2]
Voo inaugural 20 de abril de 2001[2]
Aceleradores (Etapa 0) - L-40[2]
No aceleradores 4[1][2][3]
Lonxitude 19,70 m[3]
Diámetro 2,10 m[3]
Masa baleiro 5600 kg[3]
Masa cheo 45.600 kg[3]
Motores 1 Vikas[3]
Pulo 735 kN[3]
Impulso específico 281 s[3]
Tempo de combustión 159 s[3]
Propelente UDMH e tetróxido de nitróxeno[3]
Primeira Etapa - GS-1[1][2][4]
Lonxitude 20,34 m[4]
Diámetro 2,80 m[4]
Masa baleiro 28.300 kg[4]
Masa cheo 157.300 kg[4]
Motores 1 S-125[4]
Pulo 4860,07 kN[4]
Impulso específico 266 s[4]
Tempo de combustión 93 s[4]
Propelente Propelente sólido[4]
Segunda Etapa - GS-2 / L-37.5[1][2][5]
Lonxitude 11,60 m[5]
Diámetro 2,80 m[5]
Masa baleiro 5400 kg[5]
Masa cheo 42.900 kg[5]
Motores 1 Vikas[5]
Pulo 725,02 kN[5]
Impulso específico 295 s[5]
Tempo de combustión 149 s[5]
Propelente N2O4/UDMH[5]
Terceira Etapa - GS-3 / C-12[1][2][6]
Lonxitude 8,72 m[6]
Diámetro 2,80 m[6]
Masa baleiro 2200 kg[6]
Masa cheo 14.600 kg[6]
Motores 1 KVD-1M[6]
Pulo 75,05 kN[6]
Impulso específico 460 s[6]
Tempo de combustión 675 s[6]
Propelente LOX/LH2[1]

GSLV (acrónimo de Geostationary Launch Vehicle ou Geosynchronous Satellite Launch Vehicle) é un modelo de foguete pertencente á axencia espacial india, a ISRO.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

O GSLV, derivado en parte do PSLV, é un foguete indio cunha arquitectura infrecuente na que se alternan etapas que consomen propelente líquido con etapas que usan propelente sólido. A primeira etapa é de propelente sólido, rodeada por catro aceleradores de propelente líquido que consomen UDMH e tetróxido de nitróxeno. A segunda etapa é de propelente líquido, consumindo o mesmo que os aceleradores da primeira, mentres que a terceira e última etapa usa propelentes crioxénicos, hidróxeno e osíxeno líquidos. Tódalas etapas de propelente líquido, excepto a terceira, usan motores Vikas, que non é máis que unha versión dos motores Viking dos foguetes Ariane fabricados baixo licenza.[1]

A cofia, de 3,4 m de diámetro e 7,8 m de alto, está feita dunha aliaxe de aluminio. O GSLV estabilízase nos tres eixos mediante un sistema de control autónomo en cada etapa. As tobeiras dos aceleradores da primeira etapa poden moverse mediante cardáns para modificar a traxectoria do foguete. A segunda etapa usa unha combinación de movemento da tobeira mediante un cardán con un sistema de control a reacción mediante gas para o control da traxectoria. Finalmente, a terceira etapa usa pequenos motores para controlar a orientación durante a fase propulsada, mentres que usa un sistema de gas frío para os momentos nos que non hai propulsión.[1]

A versión básica foi substituído polo GSLV Mk.2, que ten a diferenza de usar o motor CE7.5, de construción india, na terceira etapa.[7]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Voo[1][2] Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
D1 20 de abril de 2001 Satish Dhawan GSat 1 Fallo parcial Primeiro voo. A terceira etapa apagouse 10 segundos antes de previsto.
D2 8 de maio de 2003 Satish Dhawan GSat 2 Éxito
F01 20 de setembro de 2004 Satish Dhawan GSat 3 Éxito
F02 10 de xullo de 2006 Satish Dhawan Insat 4C Fallo Fallo dun dos aceleradores da primeira etapa, desviando a traxectoria do foguete.
F04 2 de setembro de 2007 Satish Dhawan Insat 4CR Fallo parcial A última etapa sufríu un problema de rendemento, deixando o satélite nunha órbita máis baixa do planeado.
D3 25 de abril de 2010 Satish Dhawan GSat 4 Fallo Fallo da última etapa.
F06 25 de decembro de 2010 Satish Dhawan GSat 5P Fallo Perda de control do foguete aos 47 segundos do lanzamento, desintegrándose aos 53 segundos.
F08 29 de marzo de 2018 Satish Dhawan GSat 6A Éxito Primeiro lanzamento da versión Mk.2.
14 de novembro de 2018 Satish Dhawan GSat 29 Éxito Variante Mk.2.
19 de decembro de 2018 Satish Dhawan GSat 7A Éxito Variante Mk.2.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 Mark Wade (2011). "GSLV" (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2013. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 2,17 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "GSLV" (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2013. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 3,9 Mark Wade (2011). "GSLV-0" (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2013. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 4,9 Mark Wade (2011). "GSLV-1" (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 5,8 5,9 Mark Wade (2011). "GSLV-2" (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 6,8 Mark Wade (2011). "GSLV-3" (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2013. 
  7. Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "GSLV Mk.2(2)" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]