A Casa dos Bicos, sede da institución, ofrece unha exposición permanente adicada á vida e obra de José Saramago, titulada A semente e os frutos, así como outras actividades culturais como presentacións de libros, representacións de obras de teatro, concertos, conferencias e coloquios.
En Tías, Lanzarote, pódese visitar A Casa José Saramago, residencia do escritor e Pilar del Río ata 2010.