Fundación Internacional y para Iberoamérica de Administración y Políticas Públicas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Logo da fundación

A Fundación Internacional y para Iberoamérica de Administración y Políticas Públicas (FIIAPP) é unha fundación pertencente ao sector público estatal español e unha institución integrante da Cooperación Española,[1] que traballa na mellora dos sistemas públicos en máis de 100 países, xestionando proxectos de cooperación internacional.

A actuación da FIIAPP enmárcase na política exterior española, apoiando a actividade internacional da Administración española nas áreas xeográficas e os ámbitos de actuación prioritarios.

A súa sede está na rúa Beatriz de Bobadilla, Madrid.

Historia[editar | editar a fonte]

A fundaión naceu en 1998 baixo o nome de Fundación Iberoamericana de Gobierno y Políticas Públicas, coa finalidade de traballar na cooperación técnica coas Administracións Públicas con terceiros países, fundamentalmente en Iberoamérica.

No ano 2000 fusiónase coa Fundación Instituto Iberoamericano de Administración Pública (creada en 1997), dando lugar á actual Fundación.

Actualmente, a FIIAPP é unha parte integrante do conxunto da Cooperación Española, xestionando proxectos de cooperación técnica, financiados pola Unión Europea e polo Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España.

Proxectos de cooperación[editar | editar a fonte]

A Fundación Internacional y para Iberoamérica de Administraciones y Políticas Públicas traballa ao servizo das administracións públicas, gextionando a participación dos seus diferentes órganos en proxectos de cooperación técnica, impulsando desta forma a súa internacionalización e fomentando a Marca España.

A FIIAPP xestiona proxectos de cooperación internacional baseados na mellora das administracións públicas dos países nos que traballa. Faino mediante o intercambio de experiencias entre expertos españois e os seus homólogos nas institucións beneficiarias nos países nos que traballa.

Ademais, realiza parte do seu traballo noutras actividades, como a realización de estudos sobre administracións e políticas públicas (I+D+i), así como na formación do persoal do sector público.

A FIIAPP é a institución encargada en España da xestión dos proxectos do programa de irmadamentos da Unión Europea,[2] e é entidade elixibel, xunto coa Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID) e a Compañía Española de Financiación del Desarrollo (COFIDES)[Ligazón morta], para a realización de proxectos de cooperación delegada da UE. Forma parte, por tanto, do sistema europeo de cooperación.

Padroádego[editar | editar a fonte]

O órgano de goberno da FIIAPP é o Padroádego,[3] formado por presidente, vogais e secretario.

O cargo de presidente/a osténtao o/a Vicepresidente/a do Goberno de España.

Os vogais son distintos Ministros, Secretarios de Estado e altos cargos da Administración General del Estado.

O cargo de secretario/a do padroádego correspóndelle ao/á Director/a da fundación.

O Padroádego conta cunha Comisión Permanente presidida polo Secretario de Estado de Cooperación Internacional e para Iberoamérica.

Obxectivos[editar | editar a fonte]

A FIIAPP xestiona proxectos de cooperación técnica internacional ao servizo das administracións co obxectivo de mellorar os sistemas públicos nos países nos que traballa. Constitúe un instrumento para o intercambio de experiencias e boas prácticas da Administración española e para a mellora de modelos de políticas públicas. Contribúe a fomentar e consolidar relacións de confianza con administracións doutros países e con organismos internacionais.

Ámbito de actuación da FIIAPP[editar | editar a fonte]

A FIIAPP xestiona proxectos dos seguintes ámbitos:

  • Políticas sociais e dereitos: protección social, saúde, educación e emprego.
  • Gobernanza e modernización das administracións públicas.
  • Migracións e mobilidade.
  • Economía e finanzas públicas.
  • Políticas de fomento e comunicacións.
  • Economía verde: cambio climático, enerxía, agricultura e pesca.
  • Seguridade e loita contra o crime organizado.
  • Xustiza e transparencia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ley 2/2014, de 25 de marzo, de la Acción y del Servicio Exterior del Estado" (PDF). BOE (en español). 
  2. "Programa de irmandamentos da UE". European commission (en inglés). 
  3. "El Patronato". FIIAPP (en español). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]