Función de estado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

En termodinámica, unha función de estado ou variable de estado é unha magnitude física macroscópica que caracteriza o estado dun sistema en equilibrio. Dado un sistema termodinámico en equilibrio pode escollerse un número finito de variables de estado, tal que os seus valores determinan univocamente o estado do sistema.

O valor dunha función de estado só depende do estado termodinámico no que se encontre o sistema, sen importar como chegou a el. Isto significa que se, nun instante dado, temos dous sistemas termodinámicos en equilibrio con n graos de liberdade e medimos un mesmo valor de n funcións de estado independentes, calquera outra función de estado terá o mesmo valor en ambos sistemas con independencia do valor das variables en instantes anteriores. En xeral, os sistemas fóra do equilibrio non poden ser representados por un número finito de graos de liberdade, e a súa descrición é moito máis complexa.

Cada sistema ou tipo de "substancia" caracterízase por unha ecuación de estado ou ecuación constitutiva que relaciona algunhas das variables de estado entre si, xa que, como se dixo, os sistemas en equilibrio termodinámico teñen un número finito de graos de liberdade de acordo coa regra das fases de Gibbs.

Algunhas variables de estado dun sistema en equilibrio son: