Frutos Fernández Illá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrutos Fernández Illá
Biografía
Nacemento1868 Editar o valor em Wikidata
Pontedeume, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de decembro de 1938 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Dumbría, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , xornalista Editar o valor em Wikidata

Frutos Fernández Illá, nado en Pontedeume en 1868 e finado en Dumbría o 5 de decembro de 1938, foi un avogado e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi secretario interino do xulgado municipal de San Sadurniño. Dirixiu o periódico Breamo de Pontedeume (1914-1916). Foi secretario interino do Concello de Ares (1924),[1] e secretario propietario do Concello de Laxe dende 1927,[2] do que foi destituído a principios do ano seguinte,[3] e despois do de Dumbría ata a súa morte, o 5 de decembro de 1938.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Martínez Sardina e foi pai de Frutos, Jesús, Nicolás, Carmen, Saturnino, Elvira, Teresa, Carlos, José e Marina Fernández Martínez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Ideal Gallego, 3-4-1924, p. 4.
  2. El Ideal Gallego, 2-3-1927, p.8.
  3. La Voz de Galicia, 28-4-1928, p. 3.
  4. La Voz de Galicia, 6-12-1938, p. 7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]