Fronte Obreira de Cataluña
Fronte Obreira de Cataluña (en catalán, Front Obrer de Catalunya) | |
---|---|
Historia | |
Fundación | 1961 |
Disolución | 1971 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Socialismo Federalismo |
Outros datos | |
Sede | Barcelona |
Publicación | Revolució (1961-62) Presencia Obrera (1964-5) Poder Obrero (1969) |
A Fronte Obreira de Cataluña (en catalán, Front Obrer de Catalunya), foi un movemento socialista da época franquista que formou parte da resistencia á ditadura franquista en Cataluña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ideoloxía
[editar | editar a fonte]Foi fundada en 1961, como un grupo escindido da Asociación Popular Democrática de Catalunya (ADPC),[1] que era a póla catalá do FLP,[2] daqueles militantes que pretendían converterse en partido.[3] Estaba diferenciado do comunismo catalán, o PSUC, como da organización que representaba, nese momento, o socialismo democrático, o Movemento Socialista de Cataluña polo que pretendía ser "a terceira forza" que respondese ás novas propostas que axitaban á esquerda europea xurdidas tanto dos procesos internos de reflexión sobre o socialismo (representado por exemplo por André Gorz ou Lelio Basso) como do impacto das revolucións que foron os seus referentes políticos: a revolución cubana de 1959, e a resistencia alxeriana de Ahmed Ben Bella.[4]
Militancia
[editar | editar a fonte]Aínda que os seus membros eran de orixes diferentes, dende socialistas até católicos progresistas e comunistas disidentes da liña oficial,[5] adoptou un socialismo de esquerdas antiimperialista. Definíronse como socialistas, populistas e federalistas. A militancia era moi nova e tendía a romper os patróns existentes. Non tiñan estatutos formais e, polo tanto, nunca se conformaron como partido. Entre os seus dirixentes figuraban Isidre Molas i Batllori, José Ignacio Urenda i Bariego, Pasqual Maragall i Mira, Alfons Carles Comín, Daniel Cando Cando, Josep Antoni González i Casanova, Josep Maria Vegara i Carrió e Miquel Roca i Junyent, entre outros.[5]
Disolveuse en 1970 e os seus militantes estendéronse ás distintas organizacións de esquerdas da clandestinidade antifranquista (PSUC, COC, Movemento Comunista de Cataluña e Liga Comunista Revolucionaria), aínda que moitos acabaron participando na fundación de Convergència Socialista de Catalunya e, logo, do PSC.[6]
Órganos de difusión
[editar | editar a fonte]Os seus órganos de expresión foron, sucesivamente, Revolució (1961-62), Presencia Obrera (1964-5) e Poder Obrero (1969).[5]
Relacións con outros partidos
[editar | editar a fonte]Mantivo vínculos federais co Frente de Liberación Popular (FLP) e coa Euskadi Sozialisten Batasuna (ESB). Competiu co PSUC polo control do nacente movemento de Comisións Obreiras e o movemento universitario,[4] e logrou dominar a súa coordinación local ata 1968 os comités de empresa de La Maquinista Terrestre e Marítima, AEG, Harry Walker e outras empresas do sector metalúrxico de Barcelona.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Front Obrer de Catalunya (FOC)". marxists.org (en catalán). Consultado o 17 de decembro de 2021.
- ↑ Fuster Sobrepere (2017)
- ↑ Balcells (1991), p. 152
- ↑ 4,0 4,1 Martín Ramos (1994), p. 11
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Front Obrer de Catalunya". Gran enciclopèdia catalana (en catalán). 1 de setembro de 1987. Consultado o 17 de decembro de 2021.
- ↑ Martín Ramos (1994), p. 12
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Balcells, Albert (1991). El nacionalismo catalán. Colección: Biblioteca Historia 16 (en castelán). Madrid: Historia 16. ISBN 9788476791967.
- Martín Ramos, José Luis (1994). "Introdución". En Fundació Rafael Campalans. El Front Obrer de Catalunya (PDF) (en catalán). Barcelona: Fundació Rafael Campalans. ISBN 84-7809-752-X.
- Fuster-Sobrepere, Joan (2017). "La política es la gente". En VV.AA. Pasqual Maragall. Pensamiento y acción (ebook) (en castelán). Barcelona: RBA Libros. ISBN 9788490568866.