Friesen-Droapen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grupo participante no Friesen-Droapen de 2007

Friesen-Droapen (encontro frisón) é un festival cultural frisón que se celebra na illa de Helgoland cada tres anos organizado polo Fryske Rie, o concello de Helgoland e o Land de Schleswig-Holstein. Ata 1998 denominouse Sternfahrt der Friesen. O último festival celebrouse o 28, 29 e 30 de maio de 2010.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O festival pretende amosar a cultura frisoa en toda a súa diversidade desde o IJsselmeer ata a fronteira alemá-dinamarquesa. Os participantes proceden de todos os territorios de cultura frisoa nos Países Baixos e Alemaña, a duración do festival é de dous ou tres días e atrae milleiros de visitantes. As actividades fixas son os bailes tradicionais con traxes típicos, as actuacións musicais e un servizo relixioso o último día, e cada vez teñen máis importancia a celebración de xogos tradicionais frisóns.