Frente de la Juventud
O Frente de la Juventud (FJ) foi un partido da extrema dereita española, escisión de Fuerza Joven, as mocidades de Fuerza Nueva, en 1978 que pretendían unha renovación do discurso do partido. Os escindidos, aproximadamente 300 de FJ e tamén da Sección C (servizo de orde do FN), con forza en Madrid, Valencia e Valladolid, ó ano seguinte uniuse outro grupo escindido meses antes en Barcelona pero que se estendera por outras provincias, o Frente Nacional de la Juventud.
Dirixido por José de las Heras, Juan Ignacio Rodríguez e Ernesto Milà pretendía constituírse como avangarda revolucionaria da extrema dereita. Ernesto Milà foi acusado de organizar unha manifestación ilegal e marchou a París. O 12 de decembro de 1980 o seu secretario xeral, Juan Ignacio Rodríguez, foi asasinado en estrañas circunstancias. En xaneiro de 1981 máis de trinta militantes foron detidos pola policía acusados de actividades terroristas, entre outros atentados foron acusados de colocar unha bomba en Madrid pola que morreu unha persoa e outras nove foron feridas. O partido disolveuse o 29 de agosto de 1982.