Saltar ao contido

Frecce Tricolori

 Frecce Tricolori
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Rama militar
Datas
 Fundación / creación
1961 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF153765634 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02byj2 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

O Frecce Tricolori (frechas tricolores), coñecido oficialmente como 313° Gruppo Addestramento Acrobatico, Pattuglia Acrobatica Nazionale (PAN) Frecce Tricolori, é o equipo de exhibición acrobática da Forza Aérea de Italia. Baseado na base aérea de Rivolto, na provincia de Udine, foi creado o 1 de marzo de 1961 como un grupo permanente para o adestramento de pilotos da forza aérea en acrobacias aéreas.[1]

O Frecce Tricolori substituíu aos equipos non oficiais que foran patrocinados por varios comandos dende principios dos anos 30.[1] O equipo voa o Aermacchi MB-339-A/PAN, un avión de adestramento bipraza capaz de voar a 898 km/h ao nivel do mar.[2] Con dez avións, nove en formación pechada e un solo, é a patrulla acrobática máis grande do mundo e as súas exhibicións están formadas por unhas 20 acrobacias e dura unha media hora, sendo a máis famosa do mundo.[3]

O 28 de agosto de 1988 o Frecce Tricolori causou o desastre de Ramstein, o segundo peor desastre nunha exhibición aérea da historia, no cal 67 espectadores e tres pilotos morreron e 346 espectadores resultaron feridos graves.

  1. 1 2 "Storia delle Frecce Tricolori". www.aeronautica-italiana.it. Consultado o 2024-04-28.
  2. Caliaro 2005, p. 25
  3. Caliaro 2005, p. 25

Bibliografía

[editar | editar a fonte]