Francisco Vilaboa Buela
Biografía | |
---|---|
Francisco Vilaboa Buela, nado en Arca (A Estrada) o 8 de decembro de 1903, foi un mecánico e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Chofer e mécanico do Carballal. Afiliado a Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar o 3 de maio de 1937,[1][2] foi condenado a 30 anos de reclusión. Posteriormente conmutáronlle a pena a 3 anos de prisión menor. Estivo preso na illa de San Simón e foi trasladado ao Forte de San Cristovo en outubro de 1937.[3] Participou na fuga da prisión o 22 de maio de 1938, sendo capturado e reingresando ao día seguinte. Saíu en prisión atenuada o 26 de novembro de 1940.[4] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1940.[5] Volveu traballar como cofer de ómnibus; en 1957 sufriu un accidente na Fosagrada.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Francisco Vilaboa Buela na páxina web Nomes e Voces.
- A Estrada. Prisión