Francisco Rivera Cela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de setembro de 1941 (83 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, presentador de televisión |
Familia | |
Fillos | Marta Rivera de la Cruz |
Francisco Rivera Cela, nado en Lugo o 29 de setembro de 1941, é un xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como técnico de radiodifusión. A súa carreira xornalística comezou en novembro de 1954 cun programa de deporte escolar. Despois traballou en El Progreso, Localia, Telelugo e a Cope.
Foi xerente do Padroado de Cultura do Concello de Lugo e redactor xefe de Cope Lugo ata 2000. Dirixiu as revistas El Confidencial e Praza Maior. Dirixiu e presentou o programa Lucenses, en Telelugo, desde 1997. Foi presidente da Asociación Provincial de Radio e Televisión (desde onde instaurou os premios Lucenses do Ano) e da Asociación da Prensa Deportiva. Tamén foi responsable do Bimilenario de Lugo.
Continúa colaborando en radio e mantén un blog dentro da web do Grupo El Progreso.
É pai da escritora Marta Rivera de la Cruz, con quen escribiu o libro Lucenses II.
Obras
[editar | editar a fonte]- Lucenses, 1974.
- Lucenses II, 1999.