Francisco Javier Alfaya Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco Javier Alfaya Rodríguez
Nome completoFrancisco Javier Ulpiano Alfaya Rodrigues
Nacemento31 de xullo de 1956
 Redondela
NacionalidadeBrasil
Alma máterUniversidade Federal da Bahia
Ocupaciónarquitecto e político
editar datos en Wikidata ]

Francisco Javier Ulpiano Alfaya Rodríguez, nado en Redondela o 31 de xullo de 1956[1], é un arquitecto e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou a Brasil en 1963. Cursou o Primario no Colexio Nossa Senhora da Guia en 1964 e o Secundario no Colexio Marista en 1974. Formouse en Arquitectura na Universidade Federal da Bahia (UFBA) en 1986. Cursa mestrado en Historia e Teoría da Arte, Escola de Belas Artes, UFBA. Presidente do Diretório Acadêmico de Arquitetura en 1977, secretario xeral e presidente do Diretório Central dos Estudantes (DCE) en 1979. Director de Cultura da União Nacional dos Estudantes (UNE) en 1980 e presidente da União Nacional dos Estudantes de 1981 a 1982.

Suplente de deputado estadual polo Partido Comunista do Brasil (PCdoB), de 1987 a 1991. Elixido vereador en Salvador, PCdoB, de 1989 a 1992, reelixido, PCdoB, de 1993 até 2004, renunciou en 2003. Suplente de deputado federal, de 1999 a 2003, efetivouse na vaga de Jacques Wagner, en xaneiro de 2003. Deputado estadual, PCdoB, de 2003 a 2007; reelixido, PCdoB, de 2007 a 2011.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]