Paco García
Aparencia
(Redirección desde «Francisco García Álvarez»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de abril de 1967 (57 anos) Valladolid, España |
Actividade | |
Ocupación | adestrador de baloncesto |
Deporte | baloncesto |
Francisco García Álvarez, coñecido como Paco García, nado en Valladolid o 23 de abril de 1967, é un adestrador de baloncesto profesional español que adestrou durante sete tempadas ao Club Baloncesto Breogán de Lugo. Dende o ano 2011 é adestrador da selección de baloncesto da República Centroafricana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]- 1984-85 : Adestrador nas categorías inferiores do Fórum Valladolid.
- 1985-87 : Segundo adestrador axudante de Mario Pesquera no Fórum Valladolid.
- 1987-90 : Adestrador axudante de Felipe Coello no Júver Murcia.
- 1990-91 : Adestrador do C.B. Palencia (Segunda División).
- 1991-93 : Segundo adestrador axudante de Herb Brown e de Iñaki Iriarte no Taugrés Vitoria.
- 1993-95 : Segundo adestrador axudante de Manel Comas no Taugrés Vitoria.
- 1995-96 : Adestrador do Espolón Burgos (Liga EBA).
- 1996-97 : Balneario de Archena (Liga EBA) e Fórum Valladolid.
- 1997 : Fórum Valladolid
- 1997-02 : Adestrador do Breogán Lugo (ACB).
- 2002-04 : Tenerife Baloncesto
- 2004-05 : Plus Pujol Lleida dende a xornada catorce
- 2005-06 : Fórum Valladolid
- 2006-08 : Leite Río Breogán
- 2009-11: Club Ourense Baloncesto
- 2011: República Centroafricana
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Tres veces campión da Copa Galicia, 1998, 2000 e 2007.
- Campión da Liga Española de Baloncesto co Breogán Universidade na tempada 1998-99.
- Medalla de Ouro coa Selección de España B nos Xogos do Mediterráneo de Bari-97.
- Medalla de Bronce coa Selección de España Universitaria na Universiada de Palma de Mallorca 99.
- Medalla de Bronce coa Selección de España Moza no Campionato de Europa de Ohrid-2000.
- Adestrador da Selección Nova de España no Mundial do Xapón-2001 que logra o 5º posto.
- Campión Autonómico con Júver Murcia Júnior na tempada 88-89.
- Campión Provincial e Autonómico con Fórum Valladolid Xuvenil na tempada 96-97.
- Medalla de Prata no Campionato de Europa sub-23 de Turquía-1996 como adestrador axudante.
- Subcampión de Europa e da Copa do Rei como adestrador axudante no Taugrés Vitoria na tempada 1993-94.
- Campión da Copa do Rei e Subcampión de Europa na tempada 1994-95 sendo adestrador axudante no Taugrés Vitoria.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha de Paco García na web AEEB". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2010. Consultado o 28 de maio de 2010.