Francesa Daga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francesa Daga
Nacementoséculo XIX
NacionalidadeFrancia
Alma máterInstitut supérieur des arts de Toulouse
Ocupacióncantante e etnólogo
editar datos en Wikidata ]

Francesa Daga en occitano ou Françoise Dague en francés, é unha personalidade do mundo das asociacións occitanas e da cultura popular nos anos 1960-80.

En 1962, fundou os Ballets occitanos de Tolosa, e en 1971, con Hubert Poirée, o Conservatorio occitano.[1] Tamén é cantante e etnógrafa, e ten reunidos unha excepcional colección de traxes tradicionais.[2] Cantou con Rosina de Pèira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De orixe limousina, Francesa Daga medrou no campo e estivo inmersa na cultura popular occitana grazas a súa nai, Cécile Marie, que era unha folclorista de renome. Aprendeu as técnicas de canto tradicional grazas ó contacto con persoas de idade avanzada. Instalouse en Tolosa e a partir dos 14 anos de idade, uniuse a grupos folclóricos locais.

A continuación, estudou Belas Artes. Comezou un estudo no que debuxaba os traxes tradicionais de distintas rexións occitanas e ampliou o traballo de investigación da súa nai, recollendo información sobre a música e as danzas populares.

En 1962, fundou o grupo de Ballet occitano, en Tolosa. En 1971, convenceu ó concello de Tolose para crear o Conservatorio occitano, que foi instalado na rúa Jacques Darré, no barrio de Saint-Cyprien. En 1975, ilustrou o traballo da súa nai, Cécile Marie: Anthologie de la Chanson occitane, chansons populaires des pays de langue d'oc , (París, G. P. Maisonneuve et Larose, 1975).

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Ballets occitans de Toulouse - Philips - 1968
  • Les Pyrénées au pays d'Occitanie - Françoise Dague et les Ballets occitans - Le Chant du Monde LDX74413
  • Gascogne en Occitanie - Françoise Dague et les Ballets occitans - Le Chant du Monde LDX74470
  • Dague, Pòp occitana - Pathé Marconi EMI 2C06412703 - 1973
  • Nadal Encara - Revolum REV054 (avec Martina, Clara et Rosina de Pèira)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Coste, Roland (1976). Institut National de l'Audiovisuel, ed. Cantem encara [Chantons encore] (en occitano). Consultado o 6 de abril de 2019. 
  2. ladepeche.fr, ed. (6 de agosto de 2007). "Exposition. Belles dames du temps jadis" (en francés). Consultado o 5 de febreiro de 2017.