Frínico (traxedia)
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 535 a. C. Atenas, Grecia |
| Morte | século V a. C. (>476 a. C.) Sicilia, Italia |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor de traxedia, poeta, escritor |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Fillos | Polyphrasmon |
| Pai | Polyphradmon |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Realʹnyj slovarʹ klassičeskih drevnostej po Lûbkeru |
Frínico, nado no VI e finado no V a.C., foi un poeta tráxico ateniense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Frínico é considerado un dos creadores da traxedia. Foi o maior tráxico anterior a Esquilo e o máis antigo do que se ten coñecemento. Suídas atribúelle a introdución de personaxes femininos na traxedia, de máscaras e do trímetro iámbico, en lugar do tetrámetro trocaico.
Os títulos coñecidos das súas obras (só nos chegaron algúns versos) son: Os exipcios, As Danaides, Alcestes, As Fenicias e A tomada de Mileto. Esta última obra mostraba un acontecemento de actualidade, a caída da cidade diante dos persas durante as Guerras Médicas, e causou unha grande conmoción en Atenas cando se representou.