Fosa común
Fosa ou foxa común[1] é o lugar onde se enterran os cadáveres que por diversas razóns non teñen sepultura propia. As fosas comúns foron, ao longo da humanidade, un método moi usado para dispor dos cadáveres de dúas ou máis persoas.
As fosas comúns utilízanse en caso de catástrofes naturais e epidemias cando existe risco de contaxios masivos. Durante a época da peste negra, por exemplo, abríronse fosas comúns para conter os cadáveres dos infectados con este mal.
Máis comunmente, as fosas comúns son propias de guerras. Durante a segunda guerra mundial, por exemplo, os nazis utilizáronas como cemiterio de xudeus asasinados, nalgunhas ocasións mesmo lanzaban corpos aínda con vida.
Tamén as guerrillas fixeron uso das fosas comúns, a miúdo nas súas accións contra a poboación civil. En réximes totalitarios, é ás veces o propio exército o que enterra os seus represaliados por razóns ideolóxicas en fosas anónimas. As fosas sen sinalizar conseguen deste xeito ocultar o resultado das súas atrocidades pasando inadvertidas durante décadas e impedindo aos familiares honrar os seus defuntos. Moitas das que se atoparon fórono grazas ao testemuño de testemuñas ou de arrepentidos.
Nalgúns pobos, aínda persiste a tradición de contar cunha fosa común nos cemiterios para enterrar os cadáveres das persoas non identificadas e/ou non reclamadas. Este tipo de fosas comúns recibe en castelán o nome de hoyanca.[2]
Exemplos de fosas comúns
[editar | editar a fonte]- Desde o ano 2007, están a atoparse fosas comúns en diversos puntos de Colombia xeradas polas accións levadas desde preto do ano 2000 principalmente por membros de grupos paramilitares pertencentes ás AUC por mor das confesións que fixeron no proceso de desmobilización.[3]
- No 2006 atópase no cemiterio de San Rafael (Málaga) a maior fosa común en España onde se enterraron numerosas vítimas do franquismo.[4]
- Nas proximidades de Paracuellos de Jarama (arroio de San José) e de Torrejón de Ardoz (Soto de Aldovea) existen sete fosas comúns contendo os restos dunhas 2.500 persoas vítimas da represión republicana durante a guerra civil española, fusiladas sen xuízo entre o 7 de novembro e o 3 de decembro de 1936.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para foxa.
- ↑ "Diccionario Manual de Sinónimos y Antónimos de la Lengua Española Vox". Larousse Editorial, S.L. 2007.
- ↑ "Movimiento Nacional de Víctimas de Crímenes de Estado". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2008. Consultado o 08 de febreiro de 2017.
- ↑ Clase de Historia a pie de fosa
- ↑ "Las siete fosas de los fusilados en Paracuellos que narran la matanza" (en castelán). 27 de outubro de 2015. Consultado o 9 de febreiro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fosa común |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mapa de fosasArquivado 29 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine., do Ministerio de Xustiza de España.